Wednesday 15 de May de 2024

A cuarta edición do Gulliver Fest desenvolverase do 11 ao 13 de agosto na área recreativa de Pedroso


A concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida, anunciou as datas nas que se celebrará a cuarta edición do Festival da Cultura Viaxeira Gulliver Fest, do 11 ao 13 de agosto. O Concello e a Asociación FurgoGalicia organizan este evento, que reúne na área recreativa de Pedroso a persoas de diferentes idades procedentes de varios concellos de dentro e fóra de Galicia.

O Gulliver Fest é un festival sobre naturaleza, música, viaxes e literatura e conta cun espazo para furgonetas, caravanas e autocaravanas na propia área recreativa de Pedroso. Concertos de acceso libre, actividades deportivas, culturais, xogos populares e as concurridas charlas viaxeiras, nas que diferentes persoas que viaxan polo mundo contan as súas experiencias en primeira persoa.

O festival ten carácter popular e, ao tempo, familiar, cunha traxectoria dentro da programación estival da cidade que ofrece a oportunidade de desfrutar dun entorno natural e dunha programación moi variada e adaptada a persoas de todas as idades. A programación do festival darase a coñecer públicamente dende o Concello e tamén a través da web: www.gulliverfest.es, onde se poderán tramitar as inscricións para acampar en Pedroso durante esas datas.